O Celta recibe ao Vilarreal á busca da reacción tras os malos resultados
En Balaídos enfrontaránse mañá (18:30h) dous equipos europeos que non están a funcionar como se agardaba
Volven Starfelt e Borja Iglesias
Mañá ás seis e media, o Celta enfrontarase o Vilarreal en Balaídos. Será un duelo de equipos con estilos semellantes que non terminan de arrincar esta temporada.
Claudio Giráldez xa vai poder contar con Borja Iglesias, por fin recuperado. E tamén volve Starfelt. Estes retornos abren un abano de posibilidades para Claudio Giráldez, á hora de configurar as súas liñas defensiva e ofensiva de cara a este encontro. Causan baixa Yoel Lago por sanción, e Faye por enfermidade, mentres seguen ausentes Miguel Román e Hugo González.
Este domingo atópanse en Balaídos dous técnicos que se respectan e se admiran. No Celta preocupa a dínámica do equipo, antes recoñecido polas remontas, pero que este ano acumula ata cinco remontas na contra a mans dos seus rivais, como recoñecía Claudio: "Prefiron adiantarme, para non modificar moitas cousas no descanso. Temos partidos diferentes nos que nos remontaron, pero en moitas cousas estamos mellor que a temporada pasada. So obvias a última, os goles, resultados...somos máis completos en moitas facetas do xogo", indicou.