Líder e pechacancelas mídense no derbi do Anxo Carro (18:45h, G2 e AGalega)
A UD Ourense chega por primeira vez á casa do CD Lugo con so oito puntos
Os lugueses están a facer unha gran temporada cos ex ourensanistas Borja Fernández, Parrilla e Simón Luca
Vintetrés puntos separan o primeiro e o último clasificado, o Lugo e Unión Deportiva Ourense rivais esta tarde no Anxo Carro.
Os lucenses presentanse como claros favoritos, pero Borja Fernández alerta do perigo que pode supoñer un exceso de confianza.
Do outro lado aparece un Ourense en fase de reconstrucción tralo troco de adestrador e polas boas sensacións que deixou no derbi da semana pasada ante o Rácing de Ferrol malia perder no último minuto. Para Agustín Ruíz, sorprender é unha posibilidade aberta.
O encontro contará co atractivo engadido do reencontro do ourensán Borja Fernández co seu antigo equipo o que levou de Terceira a Primeira Federación.