Publicador de contidos

Publicador de contidos

As persoas cegas poden votar este domingo a través do kit de voto accesible

As persoas cegas poden votar este domingo a través do kit de voto accesible

A novidade deste ano é que puideron recibilo nos seus domicilios despois de solicitalo

Así poden preparar o voto con máis tempo, calma e privacidade

Tamén poden enviar o kit de voto accesible para persoas cegas aos centros de votación

En Galicia son unhas 350 persoas cegas as que solicitaron o kit de voto accesible

G24.gal 28/11/2026 19:07

As persoas cegas poden elixir o seu voto ao Congreso e ao Senado sen axuda de terceiros a través dun kit de voto accesible que facilita o Ministerio do Interior en colaboración coa ONCE. Nesta ocasión incorporouse unha novidade, o material, coas papeletas en braille, chegou directamente ao domicilio das persoas que o solicitaron. Así, poden preparar o voto con máis tempo e privacidade, sen ter que facelo necesariamente no colexio electoral.

"É moi bo para nós porque temos toda a posibilidade de ter toda a calma do mundo para poder ler e elixir tranquilamente", dixo Corina Alfonso, promotora de braille na ONCE Galicia e delegada territorial.

Deste xeito, as persoas usuarias deste sistema poden recoñecer as distintas candidaturas, escoller a súa opción e preparar o voto con autonomía.  

No Congreso, cada candidatura ten o seu propio sobre, identificado en braille. No Senado, o procedemento é diferente: un modelo adaptado permite localizar os candidatos e marcar as opcións directamente na papeleta oficial. 

Así, poden preparar o voto con máis tempo e privacidade, sen ter que facelo necesariamente no colexio electoral.

"Dentro deses sobres en cada sobre temos a papeleta en tinta, porque o voto é secreto e anónimo. E despois no Senado temos unha especie de tabliña cuns ocos onde temos que marcar as cruces, ocos que corresponden aos senadores. É accesible, intuitivo, seguro anónimo e totalmente secreto por suposto", engade a promotora de braille na ONCE Galicia.

En toda España, rexistráronse algo máis de 3.500 solicitudes, delas case 3.400 foi con entrega do kit de voto braille accesible en domicilio o os restantes recíbense na Mesa electoral na que teñen que votar. En Galicia son un total de 350 persoas cegas as que solicitaron o kit de voto accesible.

Un sistema que elimina intermediarios e garante que o voto das persoas cegas sexa tan secreto e autónomo como o de calquera outro votante.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade