O Fabril cae contra o novo Unionistas de Gilsanz (2-1)
O rival directo púxose 2-0, pero o filial coruñés estivo a piques de empatar con 10 no treito final
Os de Manuel Pablo seguen nos postos de descenso
Foi accidentado o comezo do partido no Raíña Sofía. Un choque entre as cabezas de Rubén López e o local Marcelo detivo o xogo varios minutos.
Regresou o xogador do Fabril con protección, a tempo para interesarse pouco despois por Carlos de la Nava. O capitán de Unionistas non puido continuar no campo tras lesionarse aos 20 minutos.
Contratempo para o debutante Oscar Gilsanz, que chegou a Salamanca o mércores, con só 2 adestramentos previos ao partido. O adestrador de Betanzos, porén gozou dunha grande estrea ante o seu ex equipo. Unionistas encamiñou o partido cun remate dun inspirado Pau Ferrer.
O Fabril non foi peor que o rival na primera parte. E si foi superior tralo descanso. Pero non consegiu reflectilo no marcador, coa dficultade engadida de sufrir a expulsión de Rubén Lopez. Recibiu o segundo cartón amarelo, aos 65 minutos. O primeiro fora por protestar.
Na recta final chegou o 2 a 0 tras un saque de esquina que cabeceou Serrano.
O Fabril recurtou distancia cun gol de Martín Ochoa, a centro de Koke. E do equipo de Manuel Pablo foi o tempo engadido pero Unionistas conseguiu a cuarta vitoria consecutiva na casa.
Unha gran acción de Alvaro Fraga puido dar o gol do empate, pero ao filial deportivista volveulle faltar algo máis para gañar. Así que seguirá en postos de descenso. Tamén Oscar Gilsanz, pero 3 puntos por riba na táboa.