Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra perde en Zamora (2-0) e cae dos postos de promoción

O Pontevedra perde en Zamora (2-0) e cae dos postos de promoción

Os goles de Carbonell e Albert decidiron na primeira metade

Foto: @PontevedraCFSAD
G24.gal 28/11/2026 21:18

Regresa de Zamora sen premio o Pontevedra. A primeira metade quedou marcada por dúas accións puntuais que condicionaron o choque. A primeira, unha xogada pola banda dereita do ataque zamorano. 

Minuto 8. Apertura de Ízan Yurrieta, centro de Fabi e gol de Javier Carbonell. Marqueta chegou a tocar o balón pero non puido impedir o tanto.

Chegabamos entón ao minuto 27. Balón que lle chega a José Albert en óptimas condicións para o disparo, xusto na media lúa de cal. Era o definitivo 2-0. Gol desde fora da área de José Albert que desta volta Marqueta nin sequera pode chegar a tocar.

Os de Rubén Romínguez conseguían ter a pelota, pero non lle metían o medo no corpo aos de Óscar Cano. A mellor xogada do Pontevedra. nunha acción pola banda esquerda. Inicia Jerín, participa Elejalde, e con todo a favor Domingo Mba manda a pelota por riba do traveseiro da partería de Iker Piedra. No minuto 80, ocasión do Zamora, remate desde a frontal de Fabi... entre Raúl Marqueta e o ferro evitan o terceiro dos zamoranos. E cando o asistente ensinaba o electrónico coa prolongación de sete minutos Mba estaba a piques de meter no choque aos pontevedreses cun lategazo ao traveseiro...

Faltoulle precisión ao Ponevedra para puntuar no Ruta da Prata... e sobroulle oficio ao Zamora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade