Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez vota en Madrid e pide unha gran participación polo futuro de España

Sánchez vota en Madrid e pide unha gran participación polo futuro de España

O actual presidente do Goberno declarou aos medios que "espera que o próximo Parlamento de verdade reflicte a votande maioritaria dos ciudadáns expresada co seu voto"

G24.gal 29/11/2026 09:15

O actual presidente do Goberno de España e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, exerceu o seu dereito ao voto este domingo arredor das 09:15 horas. Fíxoo no Colexio de Nuestra Señora del Buen Consejo, en Madrid.

Sánchez declarou aos medios que "espera que o próximo Parlamento de verdade reflicte a votande maioritaria dos ciudadáns expresada co seu voto".

Tamén deu a sua opinión dos supostos pucherazos dos que se están a falar polas eleccións deste 29-N.

"Eu creo que a mellor maneira de despexar estes bulos é participar, é votar en masa, e creo que é o que se vai producir no día de hoxe", expresou Sánchez.

O presidente foi preguntado polos medios pola súa parella, Begoña Gómez, xa que non estivo acompañado por ela. Explicou que ela xa votou por correo, "unha forma totalmente limpa e transparente de votar".

Para terminar, Pedro Sánchez concretou que o resto do día o pasará coa familia esperando os resultados do escrutinio. Ademais, deu o seu agradecemento ao seu partido por estas xornadas de campaña.

"Só podo ter palabras de agradecemento pola mobilización que vimos en torno ao proxecto político que eu encarno"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar