Publicador de contidos

Publicador de contidos

29N: Abren as mesas electorais e comezan as votacións

29N: Abren as mesas electorais e comezan as votacións

38.616.949 españois, 2.734.437 deles en Galicia, están chamados ás urnas para renovar os 209 membros do Senado e os 350 do Congreso que deberán elixir o presidente do Goberno

EFE EFE
G24.gal 29/11/2026 08:10

Un total de 38.616.949 españois, dos que 35.953.542 residen en España e 2.663.407 no estranxeiro, están chamados este domingo ás urnas para renovar os 209 membros do Senado e os 350 do Congreso que despois deberán elixir o presidente do Goberno para os próximos catro anos.

 Un total de 2.734.437 galegos están chamados a votar, dos que 77.915 farano por primeira vez nunhas eleccións xerais ao cumprir os 18 anos desde a última cita deste proceso. Do total, 517.063 forman o censo de españois residentes no estranxeiro (CERA).

Para que poidan exercer o seu dereito, Galicia contará con 3.912 mesas distribuídas en 2.307 locais electorais. 

 

Minuto a minuto

08:31

Comeza a constitución das 61.033 mesas electorais en toda España. ( EFE/ Víctor Lerena)

09:00

Abren os 22.493 colexios electorais habilitados en toda España para este 29-N

09:15

Pedro Sánchez (PSOE), o candidato máis madrugador, exerce o seu dereito ao voto en Madrid

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos