Publicador de contidos

Publicador de contidos

Calendario de Primeira División 26/27: volve O Noso Derbi nestas datas

Calendario de Primeira División 26/27: volve O Noso Derbi nestas datas

O Celta comeza recibindo a Osasuna e Dépor recibe ao Elche

Os derbis galegos serán en Balaidos o 3 de xaneiro e en Riazor o 18 de abril

Celta Fortuna visitará ao Cádiz na Segunda e o Depor Abanca recibe ao Sevilla na Liga F

RFEF RFEF
G24.gal 30/06/2026 21:39 Última actualización 30/06/2026 22:04

As principais competicións do fútbol galego xa coñecen os seus calendarios para a temporada 2026-2027, que arrancará o 16 de agosto na Primeira División. Para os equipos galegos, a estrea será na casa. O Celta recibirá en Balaídos ao Osasuna na primeira xornada e pechará a liga en Valencia xogando co Levante. Para o Deportivo da Coruña, na súa temporada de regreso a máxima categoría, estrearase en Riazor co Elche e despedirá a temporada no Bernabeu co Real Madrid. 

Tamén coñecemos as datas nas que se celebrarán os derbis galegos. O 3 de xaneiro, na xornada 18, teremos o Celta-Deportivo en Balaidos. A volta en Riazor será o 18 de abril na xornada 32. 

 

Segunda División e Liga F

O Celta Fortuna tamén coñece o seu calendario na Segunda División, que terá a primeira xornada na fin de semana do 16 de agosto. Comezará visitando ao Cádiz e pechará a temporada visitando ao Tenerife.

Pola súa banda, o Depor Abanca comezará o seu camiño na Liga F na semana do 30 de agosto, recibindo na casa ao Sevilla, para pechar temporada en Cataluña co Barcelona. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar