Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo golpea primeiro na súa semifinal ante o Calafell (4-1)

O Liceo golpea primeiro na súa semifinal ante o Calafell (4-1)

Os herculinos decidiron o partido tras un gran inicio de partido

Os cataláns melloraron na segunda metade pero non lles chegou para ter opcións de triunfo

O domingo ao mediodía disputarase o segundo partido da eliminatoria tamén en Riazor

@HockeyClubLiceo @HockeyClubLiceo
G24.gal 29/05/2026 21:11

O Liceo púxose por diante na eliminatoria de semifinais polo títuli ligueiro da Liga Hoquei tras derrotar ao Calafel por catro goles a un. Os herculinos fixeron valer o seu favoritismo ante o cadro catalán tras unha gran primeira metade e unha segunda parte onde baixaron a intensidade pero souberon defender a renda acadado no inicio do choque.

Os dez primeiros minutos foron decisivos no devir do partido. Os de Juan Copa saíron moi enchufados e rápidamente abriton fenda con dous goles de Bruno Saavedra e outro de Jacobo Copa. os canteiráns liceístas marcaban o ritmo ben axudados polo capitán Dava Torres que deixou unha xogada para a lembranza nun dos goles de Saavedra. 

Tras o descanso mellorou o equuipo catalán que cedo reduciría a distancia tras un gol de Aleix Miramón. Tras o gol trocou o guión do partido. Os cataláns fixéronse co dominio e Blai Roca convertiuse na figura dos liceístas abortando as tentativas dos cataláns. Ata que a catro minutos do final chegaría a sentenza tras unha gran xogada de Bruno Saavedra que finalizaría Arnau Xaus.

O domingo os liceístas terán a ocasión de achegarse á gran final da liga se son quen de gañar para viaxar a próxima semana cun 2-0 a favor na eliminatoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade