Gijselhart, o primeiro nome que sae para reforzar o Deportivo en Primeira
O adestrador Antonio Hidalgo non quixo falar do xogador, pero confesou que o club "nunca estivo parado en ningún momento, e iso fala moi ben de nós"
Coas celebracións polo ascenso aínda en curso xa comezan a aparecer nomes de futuribles para o vindeiro proxecto do Deportivo en Primeira División. O do centrocampista neerlandés Teun Gijselhart está enriba da mesa. O director deportivo Fernando Soriano dixo un "podería ser" a pregunta de Radio Coruña e o adestrador coruñés Antonio Hidalgo non quixo falar de nomes en concreto pero confesou que "o club nunca estivo parado en ningún momento e iso fala moi ben de nós" apuntando a que xa se leva tempo traballando no vindeiro proxecto.
O bo resultado de xogadores como Zakaria ou Noubi fan que o Deportivo considere ese mercado como interesante. Gijselhart é un mediocentro con proxección (do ano 2005) pero que xogaba na segunda categoría do fútbol neerlandés no De Graafschap.