Cargando resultados...
O noso fútbol vive un momento brillante coa clasificación europea do Celta e o ascenso do Deportivo
O impacto económico do regreso á Primeira División pode superar os 300 millóns de euros
O bo ano do Celta en Europa permítelle alixeirar a presión do fair play financeiro
G24.gal
30/05/2026 15:30
Última actualización 29/05/2026 18:28
O fútbol galego vive un momento brillante. O Celta confirmou na última xornada o seu regreso á Liga Europa por segunda temporada consecutiva. Ademais a semana deixou máis boas novas en clave celeste coa continuidade de Iago Aspas.
No Deportivo tamén son días felices. Volve a Primeira División 8 anos despois. En O foco analizamos tamén o impacto económico destes éxitos deportivos.