Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cancelado o Vilarreal-Barcelona en Miami

Cancelado o Vilarreal-Barcelona en Miami

A decisión foi anunciada por Elevent, a empresa promotora do evento 

O partido celebrarase finalmente no estadio da cerámica

@FCBarcelona_es @FCBarcelona_es
G24.gal 21/10/2025 21:49 Última actualización 22/10/2025 15:39

A Liga decidiu finalmente co Vilarreal-Barcelona non se xogue en Miami. Relevent, a promotora do evento, tomou esta decisión ante a crise e a incerteza xerada nas últimas horas polas protestas dos xogadores e as protestas de diferentes entidades.

No comunicado a Liga explica que o proxecto representaba unha oportunidade histórica e inigualable para a internacionalización do fútbol español e lamentou ter que tomar esta decisión.

A celebración dun partido oficial fora de España suporía un paso decisivo na expansión global da competición, reforzando a presencia internacional dos clubs, o posicionamento dos xogadores e a marca do fútbol español nun mercado estratéxico como son os Estados Unidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos