Publicador de contidos

Publicador de contidos

Paro dos xogadores polo Vilarreal-Barcelona en Miami

Paro dos xogadores polo Vilarreal-Barcelona en Miami

A AFE anunciou este paro simbólico que terá lugar en todos os partidos da xornada na primeira división

O Oviedo-Español foi o primeiro partido onde os xogadores expresaron a súa protesta

@EFE @EFE
G24.gal 17/10/2025 20:35

A Asociación de Futbolistas Españoles (AFE), co apoio dos capitáns de primeira división, anunciou que, durante todos os partidos correspondentes á novena xornada do Campionato Nacional de Liga de Primeira División, ao inicio de cada partido, os futbolistas protestarán de forma simbólica como reivindicación pola falta de transparencia, diálogo e coherencia da LFP  sobre a posibilidade de disputar un partido da competición  en Estados Unidos.

O primeiro partido en que se realizou este paro foi no Oviedo-Español que inauguraba a xornada na primeira división.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade