Publicador de contidos

Publicador de contidos

Walker, xogador do Breogán: "Son de mente aberta, divertido, leal e pódese confiar en min"

Walker, xogador do Breogán: "Son de mente aberta, divertido, leal e pódese confiar en min"

Na tempada 2024-25 xa defendeu as cores do Zamora

G24.gal 21/04/2026 15:27 Última actualización 21/04/2026 15:32

O Río Breogán reaccionou con rapidez no mercado tras a baixa de DeWayne Russell e pechou a fichaxe do base estadounidense Jordan Walker, que se vai a incorporar aos de Casimiro ata o final da presente tempada.

"Son de mente aberta, divertido, leal e pódese confiar en min".

O xogador, de 28 anos e 1,85 metros de estatura, perfílase como unha peza importante na rotación exterior do conxunto lucense. O director xeneral del Río Breogán, Tito Díaz, definiu a nova fichaxe como “un base con bo lanzamento exterior” que tamén pode actuar como ‘dous’.

“Ten bo físico e chega con fame porque quere xogar na ACB. Ademais, xa está adaptado ao baloncesto europeo”, explicou. 

Non é a primeira experiencia do estadounidense no baloncesto español. Na tempada 2024-25 xa defendeu as cores do Zamora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade