Publicador de contidos

Publicador de contidos

Riazor vibra co Xabarín da TVG no descanso do Deportivo-Mirandés

Riazor vibra co Xabarín da TVG no descanso do Deportivo-Mirandés

O R. C. Deportivo xa é desde este luns Socio de Honra do Xabarín Club

G24.gal 21/04/2026 16:23 Última actualización 21/04/2026 16:27

O Xabarín da Televisión de Galicia saltou ao céspede do Estadio Abanca Riazor este luns, 20 de abril de 2026, no descanso do partido que enfrontou ao R. C. Deportivo co C. D. Mirandés. A mascota do Club da Galega viaxou á Coruña con motivo da decisiva 36ª xornada do campionato de Liga na Segunda División, celebrando así os 40 anos da TVG e os 40 anos de retransmisións e apoio ao equipo branco e azul.

”Hai alguén aí?” foi a mítica pregunta que se escoitou este luns no descanso do R. C. Deportivo- C. D. Mirandés, no que o Xabarín convidou a todos a formar parte da súa nova plataforma dixital Xabarin.gal

Xabarín lembrou os éxitos do R. C. Deportivo, os mellores goles, as grandes celebracións, os xogadores históricos, os títulos conseguidos e a traxectoria do club herculino nestas catro décadas de trasmisións na TVG. Os videomarcadores de Abanca Riazor proxectaron un vídeo conmemorativo amenizado con música do Club da Galega, a cargo dos coruñeses Os Diplomáticos de Monte-Alto.

Ademáis, o R.C. Deportivo xa é desde este luns Socio de Honra do Xabarín Club. Tamén o presidente, vicepresidenta, adestradores e todos os xogadores dos primeiros planteis masculino e feminino do club herculino recibiron o seu carné personalizado do Club da Galega. Todo, nun acto cargado de sorpresas e agasallos no estadio deportivista.

 
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade