Jessica Bouzas deixa en evidencia a Haddad Maia
Derrotouna por un claro 6-1 e 6-1, na primeira rolda do torneo que se disputa na Caixa Máxica
Foto EFE
A galega Jessica Bouzas tivo un arranque fulgurante no WTA 1000 de Madrid cun triunfo incontestable ante a brasileira Beatriz Haddad Maia, á que gañou por 6-1 e 6-1, na primeira rolda do torneo que se disputa na Caixa Máxica. A galega, 50 do ránking WTA, disputa por terceira vez o evento madrileño. Nunca superou o segundo tramo ao que chega de novo neste 2026 tras vencer con contundencia á brasileira, coa que perdeu meses atrás en Indian Wells.
A suramericana, outrora décima do mundo e con catro títulos no seu historial, non se meteu no partido en ningún momento. Cuartofinalista en Madrid no 2024, tras gañar ao entón número un do mundo Iwa Swiatek, non estivo en pista máis que unha hora e cuarto na presente edición.
Bouzas, que ten o seu mellor resultado nun torneo WTA 1000 os cuartos de final en Montreal 2025, enfrontarase en segunda rolda á rusa Diana Schnaider, décimo oitava favorita.