Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jessica Bouzas perde en tres sets contra Lepchenko en Bogotá

Jessica Bouzas perde en tres sets contra Lepchenko en Bogotá

A tenista vilagarciá segue sen tomarlle o pulso ao 2026 e sumou a oitava derrota en once partidos

G24.gal 03/04/2026 08:19

Jessica Bouzas segue sen atopar o seu mellor tenis. Perdeu diante da veterana Varvara Lepchenko (39 anos) na estrea no Torneo de Bogotá. O partido foise aos tres sets despois dunha primeira manga moi desafortunada da galega. 

Bouzas entrou moi mal no partido e recibiu un primeiro set en branco diante da número 155 do mundo (6-0). Estivo errática no saque, con seis dobres faltas, e perdoou moitos puntos de break (5). A dinámica mudou no segundo parcial cun xogo moito máis asentado. Conseguiu manter o seu servizo e rachou ata en tres ocasións o da súa oponente para empatar o partido cun 6-2. 

No terceiro set tivo o partido na man pero estragou ata oito oportunidades de gañar o saque de Lepchenko. A súa rival, pola contra, estivo moito máis atinada e acertou en dúas das tres ocasións nas que tivo bola de break. O desenlace final (7-5) fala da emoción que houbo no encontro pero tamén do que perdoou unha Jessica Bouzas á que lle falta confianza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar