Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca pode certificar a permanencia na G2 este domingo

O Deportivo Abanca pode certificar a permanencia na G2 este domingo

O equipo de Fran Alonso ten moitas posibilidades de garantir a súa presenza na Primeira División a falta de cinco xornadas para o final da Liga F contra o Atlético (domingo, ás 12:00 na G2)

G24.gal 03/04/2026 14:20

O Deportivo Abanca podería certificar de xeito matemático a súa permanencia na Primeira División unha campaña máis este mesmo domingo. Sácalle 17 puntos ao posto de descenso e quedan 18 en xogo. Todo o que sexa puntuar contra o Atlético de Madrid (domingo ás 12:00 horas na G2) ou que o Alhama ou o Levante non gañen significaría que a salvación xa sería matemática. 

Iso permitiríalle ao equipo de Fran Alonso acadar o obxectivo prioritario desta campaña e marcarse novos horizontes. Fran Alonso quixo poñer en valor o bo traballo realizado nas últimas xornadas, en especial coa vitoria -remontada incluída- diante do Éibar (2-1). "Unha vez acadada a salvación será momento de poñernos novos retos" asegurou Alonso. 

O Atlético de Madrid ocupa o quinto posto na clasificación. Tivo un troco de adestrador non hai moitas datas e non está a dar o nivel agardado ao comezo da temporada. Porén é un rival de moito prestixio e será difícil acadar un resultado positivo. Nos dous últimos enfrontamentos entre coruñesas e madrileñas o resultado foi o mesmo; un empate. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar