Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jessica Bouzas cae claramente na primeira rolda do WTA 1000 de Qatar

Jessica Bouzas cae claramente na primeira rolda do WTA 1000 de Qatar

Perdeu ante a rusa Anna Kalinskaya pola vía rápida (6-2, 6-1)

G24.gal 09/02/2026 18:02 Última actualización 09/02/2026 18:17

A tenista galega Jessica Bouzas caeu eliminada na primeira rolda do torneo de Doha, de categoría WTA 1000 e que se disputa en pista dura, tras caer ante a rusa Anna Kalinskaya pola vía rápida (6-2, 6-1).

A vilagarciá Jessica Bouzas (45°) facía a súa presentación no WTA 1000 de Doha coa necesidade de sumar a súa primeira vitoria WTA na tempada. Cabe destacar que a tenista tivo unha boa actuación na United Cup, onde venceu o estadounidense Coco Gauff, número tres do mundo nese entón, pero non puido replicar ese nivel nos seguintes torneos do circuíto e sufriu dúas derrotas temperás en Australia.

En Qatar, Bouzas debutou con derrota ante a rusa Anna Kalinskaya (28°), que acababa de alcanzar a terceira rolda no Australian Open.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade