Cargando resultados...
O tenista galego Martín de la Puente, clasificado para a final do Open de Australia en cadeira de rodas
O tenista galego Martín de la Puente, clasificado para a final do Open de Australia en cadeira de rodas
Gañou 6-4, 6-4 ao inglés Alfie Hewett nun partido de hora e media
G24.gal
30/01/2026 07:53
Última actualización 30/01/2026 08:52
Martín de la Puente clasificouse este venres para a final en cadeira de rodas do Open de Australia tras impoñerse ao británico Alfie Hewett, primeiro cabeza de serie, por 6-4 e 6-4, nun partido que se resolveu nunha hora e 27 minutos.
O tenista vigués amosou o seu gran momento de forma en Melbourne, no primeiro Grand Slam da temporada.
De la Puente enfrontarase na final ao xaponés Tokito Oda, número dous do mundo, logo de que este derrotase o arxentino Gustavo Fernández, cuarto.