De la Puente, semifinalista individual e finalista en dobres do US Open
O galego de 22 anos vence no cadro de individuais ao neerlandés Spaargaren e gana con el como parella a Egberink e Stroud
Martín de la Puente protagonizou este xoves no US Open un dobrete que vén sendo habitual para el nos últimos anos. O galego, que cumpriu 27 anos, clasificouse para as semifinais do cadro individual e despois para a final de dobres. No cadro de singles gañou por 6-4 e 6-1 en 66 minutos ao neerlandés Ruben Spaargaren, con quen gañou máis tarde como parella ao tamén neerlandés Tom Egberink e ao estadounidense Connor Stroud por 6-1 e 6-2 en 1h08.
En individuais, ao cabeza de serie número tres tocaralle de novo medirse este venres co un, o intratable xaponés Tokito Oda, que varreu ao británico Gordon Reid (6-1 e 6-0 en 59 minutos).
"Estou listo para a batalla. Aínda que non o pareza, eu creo que me respecta"
E en dobres, tamén o venres, os seus rivais serán os británicos Hewett e Reid.