Martín de la Puente, eliminado de Wimbledon nas semifinais
O vigués caeu na penúltima rolda tando en dobres como no cadro individual
O xaponés Oda foi o seu verdugo nas dúas eliminatorias
E en Wimbledon Rematou a aventura de Martín de la Puente en Wimbledon. E fíxoo de xeito cruel. O tenista vigués dispuxo de tres bólas para facerse co primeiro set, pero acabou perdendo a semifinal contra o número 1 do mundo, o xaponés Tokito Oda no cadro individual. O resultado final foi 7-5 e 6-3.
De la Puente estaba decepcionado tras a eliminación: "Foi un partido difícil. Penso nos momentos en que puiden adiantarme , pero isto é o deporte, e agora hai que volver máis fortes para os seguintes retos".
O galego tamén quedara apeado da final o xoves no cadro de dobres, formando parella co holandés Ruben Spaargaren. Perderon contra o arxentino Gustavo Fernández, e o xaponés Oda, que os derrotaron por 6-1 e 6-3.