Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jessica Bouzas non acaba de tomarlle o pulso ao 2026

Jessica Bouzas non acaba de tomarlle o pulso ao 2026

Perdeu en México diante da polaca Magdalena Frech por 6-0 e 6-3

G24.gal 27/02/2026 08:25

A vilagarciá Jessica Bouzas non acaba de tomarlle o pulso a este 2026. No torneo de Mérida, en México, caeu na segunra rolda diante da polaca Magdalena Frech por 6-0 e 6-3. 

Bouzas apenas sumou tres xogos nunha pobre actuación diante dunha Frech que lle gañou tres dos catro partidos nos que se enfrontaron. Desde o comezo de ano a tenista galega xogou oito partidos nos que só acadou dúas vitorias. Diante de Frech cedeu a primeira manga en menos de media hora e a súa reacción no segundo set non lle deu premio. 

Conseguiu rachar o servizo da súa rival ao comezo do segundo set, pero a polaca sumou catro xogos seguidos despois. Jessica Bouzas sumaría outro "break" que non conseguiu afianzar e deu outro paso atrás en 2026. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade