Cargando resultados...
Jessica Bouzas afronta con ilusión o inicio do WTA 1000 de Madrid
A súa rival será Haddad Maia, semifinalista do Roland Garros en 2023
G24.gal
20/04/2026 15:46
Última actualización 20/04/2026 15:53
A galega Jessica Bouzas afronta con especial ilusión o inicio do WTA 1000 de Madrid que comeza este martes.
"Trato de aprender pero tamén a quitarme ese respecto e xogar igual que cando xogas con outras xogadoras. É un longo camiño e quedan moitas cousas por mellorar", engadiu.
"Teño moitas ganas de empezar. A este torneo téñolle moito cariño e sempre me fixo moita ilusión vir", aseverou
A súa rival en primeira rolda será Haddad Maia, semifinalista do Roland Garros en 2023. A brasileira é unha tenista excepcional, pero a galega xa a despachou no Indian Wells hai un mes e na outra ocasión en que foron rivais en Ostrava hai un ano.