O Obradoiro defende o liderado na casa do Tizona Burgos, último clasificado
Epi: "É o partido máis difícil de todo o ano. Os números non din que teñen que estar últimos"
O Obradoiro terá que defender o seu liderado na difícil cancha do Tizona, un equipo burgalés que se está xogando a permanencia e que llo poñerá difícil aos homes de Epi. Os burgaleses ocupan a última posición da táboa con seis vitorias e 22 derrotas, descansaron esta semana e veñen de dúas derrotas consecutivas ante Estudantes e Menorca; pero sacaron un importante partido en casa ante Cantabria e están a só un triunfo da salvación polo que pelexarán con uñas e dentes.
Epi: "É o partido máis difícil de todo o ano. Os números non din que teñen que estar últimos".
O partido, que se xogará este martes 21 ás 20.00 h, estará marcado polo claro favoritismo galego, que xa se impuxo en Fontes do Sar por un claro 93/68. Con todo, o Tizona está a xogarse moito e poñerá as cousas difíciles a un Obradoiro que deberá aproveitar a oportunidade que lle deu o Leyma ao cederlle o primeiro posto.