O Obradoiro asalta o Coliseum (84-92) e depende de si mesmo para arrebatarlle o liderado ao Leyma Coruña
O Obradoiro asalta o Coliseum (84-92) e depende de si mesmo para arrebatarlle o liderado ao Leyma Coruña
A festa do baloncesto galego tivo un ambiente excepcional, con máis de 9.000 espectadores na bancada
Gañaron os santiagueses, coa súa afección vibrando na praza Roxa coa retransmisión da TVG
O encontro comezou con rápido intercambio de goles. Wstermann, intratable nas triplas, é o primeiro protagonista. A resposta dos laranxas chegou axiña. Incluso foi cpaz de tomar unha vantaxe ao ramate do primeiro cuarto. Jor Cremo, tamen desde a longa distancia, colocou os locais cun máis sete.
Esa tónica ofensiva e de acerto mudou no segundo, en que os erros e os inevitables nervios comezaron a aparecer. Como mostra, os numerosos tiros libres errados por parte dos dous equipos, sobre todo o Obradoiro, e os sete minutos que estivo o Leyma sen anotar canastra en xogo.
O partido volveu virse arriba e cambiou boa parte da súa decoración. Dun máis sete para o Leyma pasouse a mínimas vantaxes dos santiagueses. Barrueta facía dano no poste e cunha tripla deulle a primeira vantaxe ao seu equipo.
Con dous de vantaxe para o Obradoiro, comezou un apaixonante último cuarto. Nun equipo cheo de calidade como é o do Obradoiro aparecen diferentes actores e un deles é Diogo Brito. O ex do COB colocou o seu equipo con cinco de vantaxe. Daquela si que parecía evidente que o encontro trocara de dinámica.
O Obradoiro pechou mellor o seu aro e só Caio Pechoco amosou signos de resistencia. Unha tripla de Munnings deulle unha vantaxe de oito puntos ao Obradoiro que xa non malgastaría. O Leyma precipiouse coas triplas buscando unha remonta rápida, sen éxito.
O resultado dálle o liderado ao Obradoiro empatado co Leyma. Se gaña os cinco partidos que lle quedan, o equipo santiagués conseguirá o ascenso.
O partido era moi importante, e a súa trascendencia deixouse sentir ao remate do mesmo. Houbo lea no parquet do Coliseum entre os xogadores e os técnicos dos dous equipos. Algúns mesmo tiveron que ser suxeitados polos compañeiros.
O partido tamén se viviu cunha gran paixón na praza Roxa de Santiago, pero nun ambiente moito máis festivo. Alí instalouse unha pantalla xigante para seguir a retransmisión a través da TVG. Moitos santiagueses quixeron ver alí o partido, nunha tarde que acabou en festa co importante triunfo do seu equipo.