Publicador de contidos

Publicador de contidos

Basquet Coruña cae na prórroga en Menorca e non pecha o pase á Final a catro

Basquet Coruña cae na prórroga en Menorca e non pecha o pase á Final a catro

Os herculinos remontaron 8 puntos nos últimos 33 segundos do cuarto cuarto para forzar unha prórroga grazas a unha tripla desde dez metros de Didac Cuevas sobre a bucina

Outra tripla de Jalen Cone a cinco segundos do final deulle a vitoria ó cadro balear  no tempo extra

O domimgo ás 19:00 na G2 o cuarto partido da serie

@BasquetMenorca @BasquetMenorca
G24.gal 22/05/2026 23:25

Básquet Coruña non foi quen de pechar a eliminatoria polo ascenso á ACB en Menorca tras perder ante o cadro balear nun partido de tolos que viviu uns últimos minutos de infarto. Ata o descanso os de Carles Marco foron superiores na pista chegando a ter vantaxes de ata dez puntos amparados nun gran acerto desde a liña de tres puntos con 8 triplas anotadas ata o intermedio.

Pero no terceiro cuarto , os xogadores de Carles Marco viviron un bloqueo ofensivo propiciado polas defensas zonais e mixtas plantexadas polo equipo de Mahón. Ademáis Zurbriggen e Littleson dominaban na ofensiva e o equipo mernorquí chegaba cunha renda de 8 puntos a trinta e tres segundos do final. Pero cando parecía que o partido estaba sentenciado, dúas triplas de Cremo e unha de Didac Cuevas desde dez metros no último segundo, tras un erro clamoroso de Sola nunha bandexa que podería pechar o choque, forzarían unha prórroga pola que ninguén apostaba.

No tempo extra os locais non acusaron o mazazo e o norteamericano Jalen Cone anotaba unha tripla a cinco segundos do final que colocaba o 85-82 no marcador. Carles Marco diseñou unha última xogada pero nin Jorgensen nin Cuevas anotaron desde a liña de 6,75 quedando a vitoria en terras baleares. O domingo ás 19:00 o cadro laranxa terá unha nova oportunidade para pechar a eliminatoria e acceder á final a catro onde xa sabemos unha semifinal, a que enfrontará a Estudiantes e Oviedo. A eliminatoria entre Palencia e Fuenlabrada tamén terá cuarto partido tras o triunfo dos madrileños ante o cadro palentino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade