O Pontevedra ten na súa man a clasificación para o 'playoff' de ascenso
O Pontevedra ten na súa man a clasificación ao playoff e, a diferenza de Ponferradina e Barakaldo, depende de si mesmo para alongar a tempada, como mínimo, dúas semanas máis. Está ante a opción de regresar á promoción de ascenso nove anos despois da derrota fronte ao Murcia en 2017.
O seu rival será un equipo que chega nunha situación delicada, ao poder caer a Segunda Federación se non puntúa no municipal lerezano. O Avilés, décimo quinto con 43 puntos, necesita como mínimo o empate para non depender do resultado noutros campos e selar a súa permanencia na categoría.
Brais Abelenda: "Vai haber o mellor ambiente da tempada. Que nos dea esa forza para gañar e meternos no playoff".
Como di Abelenda, Pasarón será unha caldeira á altura das grandes tardes da historia da entidade. As últimas confirmacións por parte da entidade apuntan a unhas 2.800 entradas despachadas para o choque. A este número súmanselle todos os abonados que acudan ao campo, polo que as bancadas do estadio estarán abarrotadas.