Hidalgo: "Temos o privilexio de loitar por algo incrible, hai ilusión e hai que gozalo"
Valorou como "brutal" o apoio da afección deportivista
Antonio Hidalgo esforzouse antes do adestramento deste venres por dar normalidade a un partido que é imposible que sexa un máis da tempada. Aínda que, como insistiu unha e outra vez, trátase de tres puntos máis que hai que sumar, o técnico acabou recoñecendo que o Deportivo depende de si mesmo e está a un último paso de conquistar o soño da afección: volver a Primeira División.
"Temos o privilexio de poder loitar por algo incrible. Hai unha tensión e hai que gozalo. Hai ilusión, pero tamén cabeza".
Tamén destacou como está a ser o apoio da aficción deportivista
"O apoio é brutal e sostennos en momentos delicados. Iso vai pasar o domingo. Hai que sufrir o partido ao mil por mil. E ese apoio vai dar un plus de forza e ánimo. Vai ser un partido que se decida por pequenos detalles", afirmou.
Salvo David Mella, Hidalgo conta con todos os xogadores en perfectas condicións.