Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña volve derrotar a Menorca (81-76) e coloca o 2-0 na serie

O Leyma Coruña volve derrotar a Menorca (81-76) e coloca o 2-0 na serie

O partido foi igualado ata os minutos finais, cando os coruñeses estiveron mellor

Se gañan outro partido, estarán na final four que se xogará na Coruña

G24.gal 17/05/2026 21:59

O Leyma Coruña cumpriu co seu papel. Gañou os dous partidos iniciais da serie contra o Menorca, disputados na súa pista, e deixa ao cadro illeiro ao bordo da eliminación. Abóndalle con gañar un dos tres partidos que quedan. Os dous seguintes dispútanse nas Baleares.

O partido foi moi igualado dende o principio. O Leyma Coruña tiña as primeiras vantaxes, pero o Menorca respondía con solvencia. Dun 13-6 a prol dos locais pasouse a un 13-14 cun parcial de 0-8. Volvía estirar o Leyma, e volvía reaccionar o cadro illeiro para marchar ao primeiro intervalo con vantaxe (20-23).

O segundo cuarto tamén o gañou Menorca, malia a que comezaba con iniciativa local. Un parcial de 0-5 nos últimos minutos mandaba o partido ao descanso cun 38-42.

O terceiro tempo comezou coa máxima renda visitante, oito puntos. O Leyma tivo que empregarse a fondo para reducila, e cun 10-0 volvía colocarse por diante. O período remataba cun 55-58, polo que era o primeiro que gañaban os locais.

O último cuarto volveu rexistras a mesma igualdade cos anteriores. O encontro ía decidirse por detalles. E así foi. Un 0-6 obrigou ao tempo morto local. E os coruñeses saíron cun 8-0 que lles devolvía a vantaxe. Zurbriggen colocou o 72-74, que foi a última vantaxe visitande. Despois so dous tiros libres, mentres o Leyma Coruña resolvía o encontro cun parcial de 9-2 que coloca o 2-0 na serie, que agora viaxa a Menorca.

Jacobo Díaz comandou a anotación local con 12 puntos, escoltado polos 11 de Micovic. Zorbriggen foi o máximo anotador, con 22 para Menorca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade