Todos os partidos do playoff Leyma Coruña-Menorca, desde o xoves pola segunda canle da TVG e AGalega.gal
Todos os partidos do playoff Leyma Coruña-Menorca, desde o xoves pola segunda canle da TVG e AGalega.gal
Tamén está programada a retransmisión da final a catro sempre que o equipo galego se clasifique
Foto Leyma
A segunda canle da Televisión de Galicia e o portal AGalega.gal, da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG), emitirán en directo todos os partidos do Leyma Basquet Coruña na fase de playoff de ascenso á Liga Endesa ACB.
A cobertura contempla ata un máximo de sete, tanto os do Coliseum como os desprazamentos a Menorca, e no caso de clasificarse o equipo laranxa, a final a catro que se disputará a primeira fin de semana de xuño.
O Leyma Basquet Coruña pechou a liga regular cun balance histórico de 28 vitorias e só 4 derrotas, idéntico ao do Obradoiro CAB. O desempate decidiuse polo basketaverage entre ambos equipos: o Obradoiro gañou os dous duelos directos da temporada regular, o que lle outorgou automaticamente o liderado e o ascenso directo.
A serie de cuartos de final disputarase ao mellor de cinco, con vantaxe de campo para o Basquet Coruña. Este é o calendario completo:
1º partido: Xoves 14 de maio · 20:00 h · Coliseum A Coruña
2º partido: Domingo 17 de maio · 20:00 h · Coliseum A Coruña
3º partido: Venres 22 de maio · 21:00 h · Bintaufa (Menorca)
4º partido (): Domingo 24 de maio · 18:00 h · Bintaufa (Menorca) () se fose necesario
5º partido (): Venres 29 de maio · 20:45 h · Coliseum A Coruña () se fose necesario
Se o Leyma supera os cuartos de final ante o Hestia Menorca, terá por diante a Final Four de ascenso á Liga Endesa, que se disputará os días 6 e 7 de xuño no Coliseum de Riazor da Coruña. O propio club coruñés acollerá o evento, o que suporía un acontecemento histórico para o baloncesto galego, xa que de ascender a Liga ACB contaría a próxima temporada con tres equipos galegos.