Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña cumpre coa súa parte, e obriga ao Obradoiro a gañar o venres

O Leyma Coruña cumpre coa súa parte, e obriga ao Obradoiro a gañar o venres

Traballada vitoria diante dun Palma que chegou a remontar no terceiro cuarto

Os coruñeses decidiron no último, e ascenderán directos se o Obradoiro perde o último partido

Se o Obra gaña diante do Gipuskoa o venres (G2 e Agalega.gal), ascenderá

G24.gal 03/05/2026 19:59

O Leyma Coruña non fallou na súa visita ao Palma, e colócanse provisionalmente no primeiro luga da Primeira FEB nesta penúltima xornada. Pero non dependen de si mesmos, xa que descansan na última. Así que o primeiro posto e, con el, o ascenso directo, quedan nas mans dun Obradoiro que onte derrotou ao Torrelavega (65-95), e o venres pecha a Liga nunha auténtica final contra o Gipuskoa. Se os santiagueses gañan, ascenden. E se perden, o ascenso será para o Leyma Coruña. Esas son as contas nun partido que veremos en directo nesta casa.

O Leyma Coruña fixo un partido solvente en Palma. Abriu unha boa fenda no primeiro cuarto, que rematou con vantaxe galega (15-25). Seguiu a dinámica no inicio do segundo cuarto, no que a renda aumentou ata os 15 puntos. Pero chegou entón a reacción dos illeiros, que comezaron a reducir a desvantaxe. Cun parcial de 9-0 con tres triplas, o Mallorca colocábase a un. Así chegouse ao descanso (37-38).

A volta de pausa continuou a remonta local, que se consumou cunha vantaxe máxima de 5 puntos 47-42. Pero o Leyma Coruña pasou o mal momento, e no treito final volveu ser o equipo dominante que pelexa polo ascenso. Pechou o cuarto cun 0-7 que o lanzou nun último parcial espectacular. Mediado o cuarto, a vantaxe coruñesa superaba os vinte puntos, e aseguraba un remate da Liga coa máxima emoción entre os dous equipos galegos, que non ceden. Ao final, 76-94, con Didac Cuevas encabezando as operacións con 6 triplas consecutivas e 19 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade