Publicador de contidos

Publicador de contidos

Competición retira a amarela mostrada a Yeremay e poderá xogar ante Andorra

Competición retira a amarela mostrada a Yeremay e poderá xogar ante Andorra

O dianteiro queda con catro cartóns amarelos

Foto Deportivo Foto Deportivo
G24.gal 13/05/2026 13:25 Última actualización 13/05/2026 13:30

O Comité de Competición da Federación Española estimou as alegacións formuladas polo Deportivo e deixa sen efectos disciplinarios a amoestación que o extremo Yeremay Hernández viu no último partido contra o Cádiz. Polo tanto, o máximo goleador deportivista estará para o duelo deste domingo contra o Andorra en Riazor, xa que non cumprirá ciclo de cartóns amarelos ao continuar con catro.

Nas súas alegacións, o Dépor achegara vídeos e unha secuencia de fotos e probas, así como antecedentes da presente tempada noutros partidos e xogadas.

“Tras o visionado das imaxes achegadas polo club alegante, este Comité de Disciplina considera que as mesmas permiten desvirtuar a presunción de veracidade da acta arbitral, ao apreciarse de forma clara a existencia dun contacto entre o xogador defensor e o futbolista amoestado”, sinala Competición na súa resolución.

Por iso, acorda que “non pode manterse a afirmación contida na acta arbitral relativa a que o xogador 'se deixou caer dentro da área contraria, simulando ser obxecto de infracción', tendo en conta que concorre un contacto efectivo previo entre ambos os futbolistas”

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade