Comeza a carreira polo ascenso do Leyma cos xogadores "en moi bo estado e moi concentrados"
O partido pode seguirse en directo ás 20:00 horas pola G2 e AGalega.gal
O conxunto laranxa recibe este xoves (20:00 horas, G2 e AGalega.gal) o Hestia Menorca no primeiro partido do play off de ascenso. Unha serie ao mellor de cinco partidos na que os laranxas non queren relaxarse e esperan labrarse, paso a paso, o seu camiño cara a unha final four que apunta a disputarse no seu propio feudo.
"A única realidade é pensar neste primeiro partido e, logo, no segundo. Así nos foi ben na liga, pensando no día a día", reafirmou o técnico catalán.
Confían en que o Coliseum vexa este xoves o primeiro dos triunfos.
"O importante é facer as cousas ben e sacar o partido. Se non o fas, hai marxe porque hai que gañar tres".
O Leyma afronta o seu cuarto partido esta tempada fronte a Menorca e, polo menos, deberá disputar dúas máis. Xa se mediron na fase regular e na Copa España, cun balance de 3-0 a favor do equipo coruñés.