Keandre Cook cambia Lugo por Tel Aviv
O xogador de Baltimore "comunicou o seu desexo de aceptar unha oferta do Hapoel Tel Aviv"
Foto Breogán
O aleiro Keandre Cook xa non é xogador do Breogán. O xogador de Baltimore, que nas últimas xornadas xogou o seu mellor baloncesto no equipo lucense, "comunicou o seu desexo de aceptar unha oferta do Hapoel Tel Aviv", recente cuartofinalista da Euroliga, producíndose "un acordo entre ambas as partes", polo que non xogará mañá sábado contra o Unicaja Málaga no Pavillón Martín Carpena de Málaga na penúltima xornada de Liga Endesa nin tampouco, loxicamente, no último partido da liga regular contra o Basket Zaragoza en Lugo, que se xogará o vindeiro xoves ou venres dependendo do que haxa en xogo.
O Breogán, que recibirá unha compensación económica, quixo "agradecer a Cook a súa achega ao equipo durante a tempada" e deséxalle "o mellor na súa nova etapa".