Mihajlo Andrić, segunda renovación para o proxecto da próxima tempada no Breogán
O xogador serbio destaca actualmente como o xogador coa segunda mellor porcentaxe de acerto desde máis alá da liña de 6,75 metros
É a segunda renovación tras a primeira de Alexander Aranitovic
Foto Breogán
O serbio, un dos mellores triplistas da competición, cumprirá a súa segunda tempada en Lugo ás ordes de Luis Casimiro
Mihajlo Andrić cumprirá a súa segunda campaña vestindo a camisola do Río Breogán. O club e o xogador chegaron a un acordo de renovación, polo que o técnico Luis Casimiro poderá seguir contando cun dos tiradores máis letais da categoría.
O xogador serbio destaca actualmente como o xogador coa segunda mellor porcentaxe de acerto desde máis alá da liña de 6,75 metros, anotando dous triplos de media por partido. Andrić asina un brillante 50,43 % en tiros de tres puntos (tras a disputa da xornada 32), ao que suma unha achega media de 9,3 puntos (cun 50 % en tiros de dous e un 86,4 % en tiros libres), 2 rebotes e 1,3 asistencias en algo máis de 22 minutos sobre a pista por partido.
Andrić, que se incorporou ao club na segunda xornada de liga, converteuse nunha das pezas clave do éxito do Río Breogán na presente tempada, achegando anotación e consistencia en todas as facetas do xogo