Publicador de contidos

Publicador de contidos

LaLiga non autoriza a emisión do Valladolid-Deportivo no exterior de Riazor

LaLiga non autoriza a emisión do Valladolid-Deportivo no exterior de Riazor

O club sinala que os seus afeccionados poderán seguir o transcendental encontro polo ascenso “a través dunha retransmisión especial do Dépor ao vivo” ​​​

Foto Concello da Coruña Foto Concello da Coruña
G24.gal 19/05/2026 17:16 Última actualización 19/05/2026 17:23

O Deportivo e o Concello da Coruña informaron este martes de que LaLiga non autoriza a transmisión do seu partido contra o Real Valladolid nas pantallas xigantes que se ían a instalar no exterior de Riazor. O club galego, no entanto, sinala que os seus afeccionados poderán seguir o transcendental encontro polo ascenso “a través dunha retransmisión especial do Dépor ao vivo”.

O Dépor certificará de xeito matemático o seu regreso a Primeira División se vence o vindeiro domingo ao conxunto pucelano no Estadio José Zorrilla. En caso de empate, necesitaría que Almería, Málaga e As Palmas, ao que recibirá en Riazor na última xornada, non gañen os seus partidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade