Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán busca pechar a semana perfecta co terceiro triunfo contra o Xirona (18h)

O Breogán busca pechar a semana perfecta co terceiro triunfo contra o Xirona (18h)

Os de Luis Casimiro poderían asegurar a 10ª praza despois das vitorias contra o Real Madrid e ao Lleida

G24.gal 16/05/2026 13:01

Á procura da semana perfecta. Poucas veces terá a oportundade o Río Breogán de completar oito días de tanto nivel. Todo comezou no épico triunfo na pista do Real Madrid e seguiu cun magnífico exercicio de baloncesto, sobre todo ofensivo, fronte a Lleida. Un nivel que recoñecen os rivais.

O Xirona vén de perder o derbi fronte ao Manresa na súa pista. Ten un triunfo menos co Breogán e un éxito lucense podería deixar practiamente no peto o décimo posto. Pero máis aló disto, e cos deberes xa feitos, dende o club lucense fálase máis de gozar do momento.

Hai case ano e medio, Moncho Fernández estreaba a súa andaina xironí en Lugo, con derrota. Desquitouse esta temporada, na primeira volta, na que o seu equipo gañara por 23 puntos de diferenza nun partido no que Luis Casimiro rematara expulsado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade