Cargando resultados...
O Deportivo recibe mañá ao Andorra no seu mellor momento e dependendo de si mesmo
Faltan tres xornadas e os de Hidalgo ocupan posto de ascenso directo
G24.gal
16/05/2026 10:07
O Deportivo albisca xa o obxectivo. Quedan apenas 3 xornadas e os coruñeses dependen de si mesmos. Hidalgo non está disposto a mudar precisamente agora a receita que o trouxo ata aquí.
O Deportivo está por fin onde quería pero o camiño non resultou sinxelo
Este Deportivo que leva 10 xornadas sen perder recibe a un dos equipos máis en forma da categoría, o Andorra.
Riazor, que volverá ser chave, agarda un partidazo.