Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta visita San Mamés (19 h) á busca da clasificación matemática para Europa

O Celta visita San Mamés (19 h) á busca da clasificación matemática para Europa

O equipo de Claudio Giráldez, que recupera a Vecino, amosa a súa mellor cara lonxe de Balaídos

G24.gal 16/05/2026 12:27

Con dúas xornadas por diante e dependendo de si mesmo para estar na Europa League. Baixo esas premisas afronta o Celta o partido de mañá en San Mamés. Con confianza e cos números ao seu favor. 

Bo ambiente na última sesión de traballo en Afouteza. O Celta chega a Bilbao como o terceiro mellor visitante, cos seus mellores números históricos lonxe de Balaídos, onde esta semana volvía caer, fronte ó Levante. Con Matías Vecino recuperado.

Claudio Giráldez confirmou que o seu equipo non vai especular no día da despedida de Valverde, a quen admira: "Estar na despedida de Valverde faime moita ilusión, porque é un dos mellores adestradores de España".

Giráldez é consciente da dificultade de enfrotnarse ao Athletic no seu último partido na casa: "A despedida sempre é complicada, aseguraron a permanencia e agora apuran as opcións de meterse en Europa".

Sobreas contas, teno claro: "Un punto en San Mamés métenos en Europa, e temos que facer 4 ou 5 para ir á Europa League". E por iso "temos que gañar o partido, eu prepareino para gañar, non sei facelo doutro xeito. Iso nos da a posibilidade de meternos en Europa", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade