Casimiro está "preocupado por recuperar mentalmente" os xogadores tras o éxito en Madrid
Os lugueses tratarán de seguir sumando vitorias na súa loita por alcanzar o décimo posto na clasificación que podería supoñer a súa participación en competicións europeas
O Río Breogán recibe este mércores ás 19:00 horas ao Hiopos Lleida no Pazo dos Deportes. Tras a alegría dos celestes por derrotar o Real Madrid na súa cancha 23 anos despois, os lugueses tratarán de seguir sumando vitorias na súa loita por alcanzar o décimo posto na clasificación que podería supoñer a súa participación en competicións europeas.
"O máis importante era recuperar mentalmente os xogadores".
"Preocúpame o nivel mental polo feito ante o Real Madrid, temos que estar no seguinte partido".
A renovación de Luis Casimiro e a incorporación da fichaxe do pivote Iván Cruz son outras dúas novidades para o club galego que afronta unha recta final da competición tranquila, ao conseguir xa o obxectivo da permanencia.
Pola súa banda, o Hiopos Lleida aínda non pechou este obxectivo matematicamente, aínda que a súa posición na táboa é cómoda, xa que está dúas víctorias por encima das nove que teñen Burgos, Gran Canaria, Zaragoza e Andorra.