Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán visita mañá ao Real Madrid (17:00h) coa baixa de Sakho

O Breogán visita mañá ao Real Madrid (17:00h) coa baixa de Sakho

O equipo lugués busca dar a sorpresa nunha pista difícil

G24.gal 09/05/2026 13:08

Competir mellor e durante máis tempo. Logo da clara derrota fronte a Baskonia e na previa da visita a cancha do Real Madrid, ese pode ser o obxectivo fronte aos equipo máis poderosos da competición. Non contará o Breo con Jordan Sakho, que dixo adeus á temporada. Perde físico e intimidación o equipo lucense fronte a un rival no que será baixa o determinante Edy Tavares. Scariolo podeía introducir novidades nun equipo amplo e repleto de talento.

Por unha vez, o Breo tamén terá que elixir na convocatoria, entre o recuperado Russell e a fichaxe Jordan Walker. Casimiro manterá a incógnita ata dúas horas antes do partido.O rival afronta o partido coa panza chea. Obtivo a clasificación para a Final Four da Euroliga o pasado xoves e na competición doméstica vén de protagonizar un dos partidos estelares do campionato. A vitoria na prórroga diate do UCAM Murcia deixou a actuación destacadísima de Mario Hezonja con 40 puntos e 11 rebotes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade