Josep Peris terceira fichaxe do novo proxecto do Breogán
É a terceira contratación dos lucenses despois do norteamericano Tevin Brown e o montenegrino Aleksa Ilic
Chega procedente do CB Zamora da Primeira FEB e debutará na liga ACB
@feb
O Breogán anunciou a fichaxe do escolta Josep Peris, quen procede do CB Zamora e firma por unha tempada co conxunto galego.
"Peris, capaz de xogar tamén de base, destaca pola súa capacidade de pase e manexo de balón, o seu tiro exterior e a súa boa lectura de xogo"
O exterior valenciano, de 25 anos e que ocupa praza de cota, promedió 12.5 puntos, 2 asistencias e 2.3 rebotes a pasada tempada en Primeira FEB co conxunto zamorano. Internacional en categorías inferiores con España e habitual nas convocatorias da selección masculina 3x3, Peris chega ao equipo de Luis Casimiro para reforzar o seu xogo exterior. É a terceira incorporación tras o aleiro Tevin Brown e o pivote Aleksa Ilic