Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo confirma a fichaxe de Borja Fernández

O Lugo confirma a fichaxe de Borja Fernández

O adestrador ourensán chega tras acadar dous ascensos consecutivos coa U. D. Ourense

Asina por unha temporada co obxectivo de devolver os albivermellos ao fútbol profesional

G24.gal 16/06/2026 21:05

Era un segredo a voces. E Club Deportivo Lugo confirmouno. Borja Fernández é o novo adestrador dos albivermellos. O ourensán chega a cidade da muralla tras dúas temporadas e media exitosas á fronte da U. D. Ourense, onde disputou un play off de ascenso a Segunda RFEF tras chegar mediada a temporada na primeira campaña, acadando logo dous ascensos consecutivos e ascendendo ata a Primeira RFEF co conxunto da cidade das Burgas.

Borja asina por unha temporada e co obxectivo de retornar á Segunda División. Os lucenses estiveron once temporadas consecutivas na categoría de prata do fútbol español pero levan tres campañas onde non foron quen de entrar na loita polo ascenso a segunda división. A presentación do técnico terá lugar este mercores a partir das 12:00 no estadio Anxo Carro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade