Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing derrota ao Barakaldo (1-0) e encadea dous triunfos na Malata

O Rácing derrota ao Barakaldo (1-0) e encadea dous triunfos na Malata

Migue Leal volveu marcar por segunda xornada consecutiva

O árbitro anulou un gol de Alcaina co 0-0, e Lucas salvou aos seus do empate tras o gol

Foto: @racingferrolsad
G24.gal 19/09/2026 19:09

Segundo partido na Malata e segunda vitoria do Rácing. Os departamentais fanse fortes na casa. Logo dunha primeira metade espesa, sen demasiadas ocasións, a máis clara foi esta de Álvaro Ramón, o partido cambiou nada máis volver dos vestiarios. Alcaina tardou tres minutos en marcar. Porén o colexiado anulou o gol logo da revisión por considerar que houbo falta de Arroyo sobre Trigueros.

Si que valeu o do 64, comeza a xogada Dani Ojeda, centra Álvaro Ramón e remata o outro lateral Migue Leal, que marcou por segunda semana consecutiva. 

E a partir de aí apareceu a figura do porteiro. Lucas Díaz voou para sacar unha dobre oportunidade do Barakaldo, evitou por dúas ocasións que marcase Troncho. E pouco despois, salvou o man a man con Xavi Sola. O Rácing chega aos sete puntos e métese na loita polos postos altos da táboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade