Caio Pacheco seguirá no Básquet Coruña. Brnovic e Braz din adeus
O base brasileiro era prentendido por varios equipos ACB pero elixe estrearse na máxima categoría co equipo laranxa
O angoleño é o momtenegrino foron os xogadores que menos contaron para Carles Marco na temporada do ascenso
@basquetcoruna
O base internacional brasileiro Caio Pacheco seguirá unha tempada máis no Básquet Coruña, despois de que o club galego anunciase a súa continuidade por unha temporada. Pacheco chegou o pasado verán procedente do Tizona Burgos e converteuse nun dos xogadores fundamentais de Carles Marco, achegando regularidade e liderado na pista durante a tempada en Primeira FEB. O xogador brasileiro pechou a fase regular cunhas medias de 11,5 puntos e 4,8 asistencias por partido, uns rexistros que mellorou mesmo durante a fase de playoff de ascenso. Con esta renovación x ason dous os xogadores que prorrogan a súa vinculación, o base brasileiro e o ala pivot Dino Radoncic.
Pola contra non seguirán Braz nin Brnovic, os xogadores que menos participación tiveron na rotación do adestrador catalán.