Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma inicia a Final Four do Coliseum diante do Palencia (17:30h G2 e AGalega.gal)

O Leyma inicia a Final Four do Coliseum diante do Palencia (17:30h G2 e AGalega.gal)

Os de Carles Marco son favoritos diante do seu público na semifinal polo ascenso

G24.gal 06/06/2026 12:37

A ACB está a dous chanzos. Pero se cadra son os máis difícil de subir da tempada. Palencia foi terceiro na Liga, pero fixo unha gran segunda volta. O Leyma mantén a garda en alto.

Carles Marco quere facer valer o factor cancha sen que revirta nunha maior presión para os seus.

Na fase regular cada equipo gañou na súa casa. Agora, ambos parten de cero. O gañador será finalista. O histórico Estudiantes, eterno candidato ao ascenso, e a sorpresa Oviedo discutirán a outra semfinal. Só un dos catro tocará o ceo. O Leyma procura repetir o éxito de hai dous anos, a gloria que se lle escorreu das mans  por un coeficiente particular despois dunha Liga regular extraordinaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade