Cargando resultados...
O Lugo e o Fortuna asinan un empate en Pol (1-1)
G24.gal
25/07/2026 21:06
Segundo partido de preparación para o Celta Fortuna. Xogou en Pol diante do Club Deportivo Lugo de Borja Fernández nun partido que acabou con empate a un gol. Adiantouse o equipo vigués cun tanto de Álvaro Marín no minuto 12 do primeiro tempo. Empatou o equipo lugués na segunda metade grazas a un penalti cometido sobre Chiqui e transformado por Teofilovic.
O equipo dirixido por Fredi está aínda condicionado polos xogadores que están a traballar co primeiro plantel. No primeiro tempo formou con Caio: Diego, Meixús, Seyni, Gavián; Sobral, Capdevila, Sueiro; Davila, Álvaro Marín e Carro. Na segunda parte mudou completamente o once e probou con Marcos: Chirveches, Ribes, Noah, Milla; Dani Ruiz, Hugo, Pedro; Matute, Jorge e Somuah.