Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baño de masas do Celta Fortuna en Vigo logo do ascenso ao fútbol profesional

Baño de masas do Celta Fortuna en Vigo logo do ascenso ao fútbol profesional

Milleiros de afeccionados recibiron aos heroes do filial na Porta do Sol

A festa prorrogouse despois do fito histórico acadado este sábado diante da Ponferradina

G24.gal 21/06/2026 21:11

En Vigo seguen de celebración logo do ascenso a segunda división do Celta Fortuna. Trala recepción no Concello a festa desprazouse á Porta do Sol, onde os futbolistas do filial foron recibidos por unha multitude de siareiros.

Todos os xogadores do plantel foron saíndo ao escenario, ovacionados polos afeccionados que non faltaron á chamada do club despois da histórica goleada contra a Ponferradina (4-1), que lles valeu o ascenso ao fútbol profesional por primeira vez na historia.

Os máis ovacionados, os capitáns, o goleador Hugo González, e tamén o auténtico artífice deste éxito, o adestrador Fredi Álvarez.

A presidenta, Marián Mouriño, amosábase entusiasmada. "Estamos orgullosísimos e encantados. Isto pon en valor todo o proxecto de todos, facendo un Celta máis grande. Queremos que Fredi siga", continuou, para rematar cunha afirmación categórica: "Este equipo non ten teito"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade