Histórico bronce de María Mariño nos Campionatos de Europa de Esgrima
Primeira medalla de España na modalidade de florete individual nun gran campionato
A tiradora viguesa subiu ó podium tras ceder en semifinais ante a ucraína
@rfeesgrima
A viguesa María Mariño logrou este mércores unha medalla de bronce na modalidade de florete feminino e asinou o segundo metal para España nos Campionatos de Europa de esgrima que se disputan na localidade francesa de Antony. Ao día seguinte do ouro gañado pola madrileña Lucía Martín-Potugués en sabre, María Mariño, de 33 anos, fíxose cun bronce en florete, tras caer en semifinais fronte á ucraína Olga Sopit por 15 tocados a 8 nun combate que esta dominou desde o principio.
Para chegar a esa instancia, a tiradora galega desfíxose da eslovaca Gaia Cantucci (15-6) no taboleiro de 64, da polaca Julia Walczyk-Klimaszyk (15-13) no de 32, da ucraína Alina Poloziuk (15-4) no de 16 e da húngara Flora Pasztor (15-14) en cuartos. ë a mellor actuación da historia dun deportista español na modalidade de florete individual.